A Praza de España de ribeira acolleu o inicio da segunda andaina promovida por Amas de Casa en benficio da Asociación Galega de Familias de Nenos Prematuros, Agraprem. 200 participantes déronse cita para dar a coñecer o traballo da asociación e poñer en valor así o seu bo facer. Cada asistente realizaba a súa doación e segundo a organización houbo tamén unha gran contribución co dorsal cero, que unía á andaina coa andaina virtual. Poderanse facer doacións ata o 31 deste mes a través de deporticket.com