Fútbol Solidario Contra O Cantro En Boiro

Esta mañá tivo lugar a presentación do partido de fútbol solidario a favor da asociación de loita contra o cancro a cargo de Nolo Romero Concelleiro Deportes e o Alcalde de Boiro.
O partido xogarase o vindeiro sábado día 23 as 19:00 h. no campo de fútbol municipal de Vista Alegre.

Os representantes da iniciativa son José Ramón Romero Vilasoa hostelero de O Secreto do Viño, Oscar Pouso Fernández da cafetería Barbantia, Benigno Muñiz Pérez da cafetería Kir´s e Marisa Lojo Alcalde Presidenta da Asociación Española contra o cancro en Boiro.

A actuación e iniciativa solidaria de amigos dos establecementos hosteleros Barbantia e Kir´s para este partido irá íntegramente destinada a asociación de Loita contra o Cancro que preside Marisa Lojo en Boiro, as entradas xa están a venda en ambos locais a 2€, e con cada unha, o dereito a participar nun sorteo de agasallos que terá lugar no mesmo campo o día do partido, tamén están colocadas xa nas dúas cafeterías unhas urnas solidarias para todos os que desexen facer os seus donativos.

O Alcalde ten previsto xogar nun dos dous equipos, aínda sen decidir.
http://youtu.be/MAMJN_34RvA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.