Rodando contra o cancro e rodando pola vida

Dende Ribeira partiu a iniciativa «Rodando contra o cancro» que percorre os concellos de toda España para financiar a investigación oncolóxica. O ribeirense José Cardalda decidiu no nadal do 2013 comezar con esta andadura solidaria recadando fondos para a loita contra o cancro. Cardalda empezou visitando os concellos de Galicia nos que se fotografaba coa súa moto, recadando un céntimo de cada cidadán, unha aportación significativa, que pode facer moito na loita desta enfermidade. Unha iniciativa que comezou en solitario pero a que pronto se foron sumando outros moteiros ata extendela a todo o territorio nacional.A vida da moitas voltas e a José Cardalda tocoulle vivir en propias carnes a enfermidade, meses despois de comezar esta andadura, foille dignosticado un cancro de gorxa, porén, lonxe de abatilo púxolle máis impetu.

Segundo explicou José Cardalda, un dos principais factores na loita contra o cancro é o avanze na investigación, de ahí naceu a idea de contribuir a esta causa recadando fondos para este fin.

O próximo 21 de maio en Lalín pecharase ó recorrido polos concellos de Galicia, Cardalda convida a todas as persoas que queiran apoiar esta causa a asistir ó acto que se vai celebrar en Lalín ás 18:00.

Trala súa experiencia coa enfermidade este Ribeirense sabe ben o que é ir ganando batallas, e anima a todas as persoas enfermas de cancro a seguir adiante.

Para colaborar con esta campaña poden informarse na paxina web www.rodandocontrael cancer.com

https://www.youtube.com/watch?v=wJ-uSsVKpdc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.