O concello de Rianxo prevé ofertar nas vindeiras semanas mais de 50 empregos de carácter temporal repartidos en distintas categorías, crearanse dúas brigadas de limpeza en montes, socorristas, persoal de limpeza de praias, e varios postos máis. Pendentes están agora da concesion da escola taller e do programa de garantia social nos que traballarian 40 persoas mais.
Ademais o cocnello de Rianxo acaba de cubrir as 5 prazas de auxiliar policia local, e está co proceso aberto de contratación dun normalizador lingüístico. En total a cifra de contratación podría chegar ás 80 persoas.
https://www.youtube.com/watch?v=BN3ouUBbd5g