A Xunta iniciou esta semana as obras de reconstrución dun muro na estrada AC-550, ao seu paso por Porto do Son para reparar o muro de contención existente na marxe dereita da estrada, no acceso á praia de Arnela que se atopaba nun estado de deterioro. A situacion do muro foi diagnosticada polos tecnicos encargados de realizar o estudo xeotécnico encargado polo cocnello para a construccion do paseo peonil que uniría o museo da marea co castro de Baroña, e que ia dar maior seguridade ós peons. Este apseo quedou interrompido e continuarase o remate das obras, deiando pasar a epoca estival para causar as menores molestias posibles.
Luís Oujo destacou que co fin de evitar o cruce da calzada en dous puntos perigosos solicitouse un proxecto ó GAC , deste xeito mellorarase a seguridade viaria na zona.
As obras de reconstrucción do muro de contención terán unha duración de menos de 5 meses, aínda que a reparación do muro poderá estar rematada no mes de xullo. Así mesmo, co fin de minimizar a afección ao tráfico en verán, está previsto, en primeiro lugar, demoler e repoñer o muro e reafirmar, unha vez rematen estes traballos, comezarán a executar a baranda. Para facer o novo muro é imprescindible derribar un carril completo, polo que será necesario establecer un treito de 200 metros no que só se permitirá o tráfico alternativo. Este desvío establecerase a mediados da próxima semana.