Icono del sitio CanalBarbanza.com

A DEPUTACIÓN CONCEDEU ESTE ANO 45 BOLSAS DE AXUDAS PARA CONTINUAR COAS SÚAS CARREIRAS. ANA PELETEIRO E ADRIÁN MOSQUERA FORON RECOMPENSADOS POLOS SEUS LOGROS

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Deportes, Cristina Capelán, recibiron aos deportistas da provincia que son bolseiros do ente provincial para recoñecer as súas aportacións ao deporte galego.
No encontro, que tivo lugar no Pazo de Mariñán, o presidente da Deputación, destacou a importancia destas axudas “para apoiar o traballo” das persoas deportistas da provincia, para darlles a oportunidade de participar nas competicións do máis alto nivel. Entre os bolseiros atópanse “algúns dos referentes deportivos da Coruña en diferentes disciplicas, entre eles olímpicos e paralímpicos”,
Dos 45 deportistas que recibiron as subvencións do ente provincial, atópanse sete olímpicos, como os recoñecidos Carlos Arévalo e Ana Peleteiro, e o paralímpico Adrián Mosquera. A deputada de Deportes, Cristina Capelán, destacou a ampla representación feminina entre as persoas bolseiras, “importante para que as nenas que veñen detrás conten con referentes para seguir avanzando no camiño cara unha igualdade real no mundo do deporte”.

Salir de la versión móvil