Rafael Eimil visita a obra de rexeneracion das xunqueiras na pobra

O xefe da Demarcación de Costas, Rafael Eimil, visitou no concello da Pobra a obra da rexeneración ambiental das Xunqueiras. O principal motivo da visita foi supervisar unha actuación moi concreta: a conexión do emisario da EDAR para a súa evacuación directa ao mar, para o cal se procedeu a eliminar unha arqueta que cumpría a súa función en relación coa antiga depuradora. Cando se construíu a actual EDAR o seu emisario conectouse a esta arqueta e de aí saía o emisario cara ao mar. Agora eliminouse a arqueta, que causaba un impacto paisaxístico non desexable no espazo natural e conectáronse os dous emisarios.
O xefe da Demarcación de Costas e o alcalde, acompañados de técnicos de dita administración autonómica e da empresa encargada de realizar a obra, visitaron as Xunqueiras e comprobaron o avanzado estado das obras. A previsión é que para mediados de xullo estea rematada a actuación.
Durante o percorrido o alcalde e o xefe da Demarcación de Costas aproveitaron para comentar diferentes cuestións que interesan a ambas administracións. Entre elas destaca a explanada da antiga Onza de Oro, na Ribeiriña, que na actualidade se atopa en moi mal estado e co acceso prohibido para a veciñanza, polo risco existente de caídas. A intención sería proceder á súa recuperación ambiental para que poda servir de lugar de lecer. O concello presentará unha proposta que logo tratarán de facer realidade colaborando as dúas entidades.

https://www.youtube.com/watch?v=Cc1vkpjoHEw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.