Icono del sitio CanalBarbanza.com

MANTENSE A BOA SITUACIÓN DA COVID NO BARBANZA. GALICIA AUMENTA OS AFOROS EN INTERIORES ATA O 90 % E REXISTRA 715 CASOS ACTIVOS

A comarca do Barbanza comeza a deixar atrás á quinta onda da pandemia. Xa son sete os concellos que non rexistraron ningún caso nos últimos sete días. Ribeira,Muros, Noia, Rianxo, Porto do Son, Outes e Lousame están libre do virus nos últimos sete días. Totalmente libre do virus, a día de hoxe, tanto a unha como a dúas semanas, están Lousame, Outes, Rianxo e Muros. Ribeira, Porto do Son e Noia a dúas semana rexistraron entre 1 e 9 casos activos. Os concellos que seguen loitando por non rexistrar ningún caso son A Pobra e Boiro, que se atopan entre 1 e 9 casos tanto a unha como a dúas semanas, aínda que manteñen unha tendencia descendente.

Salir de la versión móvil