O Concello de Boiro continúa coa programación da Axenda Cultural. Os veciños do municipio poderán desfrutar dun espectáculo musica o venres e dun contacontos o sábado. O auditorio da Casa da Cultura de Boiro será escenario o venres, a partir das 20:00 horas do “libro da selva” musical, destinado para o público infantil e familiar a partir dos seis anos. A obra chega da man de teatro Avento Producións, está baseado na popular historia de Kipling, unha eterna historia pola que non pasa o tempo, e que fala de valores como a camaradería, sentido de comunidade e a tolerancia aos distintos a nós.