Muros

O PARO baixa en GALICIA e nas comarcas do BARBANZA E MUROS NOIA

Galicia pechou o mes de abril con 16.608 desempregados menos que hai un ano, é dicir, un -6,79% menos que en abril de 2015. Ademais, a afiliación á Seguridade Social subiu nun 1,50% con respecto a hai un ano, é dicir, a Comunidade conta hoxe con 13.898 afiliados máis e xa son 25 as subidas consecutivas desde o mes de abril de 2014 polo que o crecemento estase a consolidar.
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do paro rexistrado que tamén descendeu con respecto ao mes de marzo nun -1,57% e decreceu en todas as provincias e sectores. A responsable de emprego apuntou que por terceiro ano consecutivo redúcese o paro nun mes de abril e subliñou que a Comunidade leva dous anos e medio de baixadas consecutivas interanuais
Así mesmo, a responsable de emprego afirmou que o paro descendeu en todos os sectores. A industria lidera a baixada con respecto ao ano pasado (-13,53%), seguido da construción (-12,52%). Ademais, as catro provincias galegas rexistraron menos parados que hai un ano e tamén comparado con mes pasado. A que máis reduciu o número de desempregados con respecto a abril de 2015 foi A Coruña cun -7,45%, seguida de Pontevedra cun -6,97%, de Ourense cun -5,21% e de Lugo cun -5,15%.
O paro rexistrado tamén experimentou unha baixada tanto nos homes como nas mulleres como en todos os tramos de idade. Toca resaltou que Galicia conta hoxe con menos mozos menores de 30 anos en paro, un -2,36%. Por último, a secretaria xeral de Emprego sinalou que o principal obxectivo do Goberno galego é “converter Galicia nunha Comunidade que xere emprego estable e de calidade e poder dar unha oportunidade a cada galego que busque un traballo”.
O paro descende no Barbanza en 304 persoas e na comarca Muros Noia en 61 desempregados menos, o descenso dase en todos os concello agás no de Muros, onde o paro se incrementa en dous desempregados mais. En total o numero de parados na Barbanza e de 4963, en en muros noia, 3264 desempregados.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.