Esta mañá tivo lugar a presentación da VII Carreira Popular San Xián de Artes, tamén coñecida como A Carreira do Demo porque o seu percorrido ten un total de 6.666 m. A competición vaise celebrar o vindeiro domingo ás 11.00 horas na Parroquia de Artes do Concello de Ribeira. Poderán participar dende rapaces de tres anos, da categoría “diabliños”, ata a categoría máster.
http://youtu.be/f2YgJA7uQUI