Os pescadores deportivos volveron a saír á rúa para reclamar o seu espazo nos portos galegos. Durante a fin de semana desenvolvéronse protestas nunha decena de peiraos de Galicia, entre eles en Aguiño e A Pobra. A norma aprobada por Portos repartiu o espazo portuario de forma que os pescadores deportivos quedan excluídos. Ademais recolle a necesidade de que os pescadores contraten elevadas pólizas de seguros ou a separación de cinco metros entre os pescadores.