Icono del sitio CanalBarbanza.com

SETE CONCELLOS ESTÁN LIBRES DO VIRUS A UNHA SEMANA. EN GALICIA OS CASOS BAIXAN ATA OS 741

A comarca do Barbanza comeza a deixar atrás á quinta onda da pandemia. Xa son sete os concellos que non rexistraron ningún caso nos últimos sete días. Ribeira,Muros, Noia, Rianxo, Porto do Son e Outes están libre do virus nos últimos sete día. Totalmente libre do virus, a día de hoxe, tanto a unha como a dúas semanas, están Lousame, Outes, Rianxo e Muros, que mellorou a súa situación a 14 días. Ribeira, Porto do Son e Noia a dúas semana rexistraron entre 1 e 9 casos activos. Os concellos que seguen loitando por non rexistrar ningún caso son A Pobra e Boiro, que se atopan entre 1 e 9 casos tanto a unha como a dúas semanas, aínda que manteñen unha tendencia descendente, o que fai supoñer que nos vindeiros días poidan alcanzar os 0 casos a sete días.

Salir de la versión móvil