Hoxe tivo lugar o acto de inauguración do IX Congreso Internacional sobre Nutrición e Saúde FAO-Conxemar. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañou a raíña Letizia. Feijóo aproveitou o acto para referirse á dieta atlántica e ao valor do mar como fonde de benestar e incidiu na necesidade de fomentar a concienciación e difusión sobre a importancia do consumo destes produtos.
O PRESIDENTE DA XUNTA DEFENDE A DIETA ATLÁNTICA COMO A MELLOR MANEIRA DE IMPULSAR UNHA ALIMENTACIÓN DE FUTURO SAUDABLE E SOSTIBLE

