Icono del sitio CanalBarbanza.com

TAMÉN TIVO LUGAR NA POBRA A SESIÓN PLENARIA ORDINARIA. APROBOUS A SOLICITUDE Á DEPUTACIÓN PARA O PROXECTO DE AMPLIACIÓN DO EDIFICIO DE USOS NÁUTICOS.

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte a sesión ordinaria do Pleno da Corporación. Por motivos persoais as concelleiras Patricia Lojo do PSOE e María González do PP non puideron asistir. Debatíronse un total de cinco puntos á orde do día e tres de carácter urxente. A alcaldía presentou a súa proposta sobre a solicitude de subvención nominativa á Deputación para o proxecto de Ampliación do Edificio de Usos Náuticos. Esta proposta leva sendo negociada polo goberno local desde fai moito tempo, o alcalde da Pobra explicou a oportunidade de mandalo a pleno tan pronto sexa posible.

Salir de la versión móvil