O Noia FS e o Concello de Porto do Son chegaron a un acordo para poñer en marcha a escola de fútbol sala para os máis mozos. Hoxe tivo lugar a presentación da iniciativa, que se levará a cabo no polideportivo de Trapa de Portosín logo do gran éxito das xornadas de portas abertas nesta últimas semanas. Cerca de 30 rapaces practicarán o deporte en horario de mércores e venres.