jueves, septiembre 28, 2023

A MAREA VERMELLA manten pechados mais de 40 poligonos de mexilón

A marea vermella afecta xa ó 90% dos polígonos bateeiros galegos, a día de hoxe máis 40 polígonos permanecen pechados, son os de Muros e Noia, Arousa. Baiona, Vigo e Pontevedra. A causa da marea vermella que afecta ó mexilón é a toxina lipofílica, cuxa inxesta pode causar diarreas ó consumidor. Dende o INTECMAR realizanse análises diarias para manter controlados os diferentes polígonos e evitar que o mexillón saia da batea.
Na ria de Arousa son 17 os polígonos pechados, mais nesta época ea situación soe ser normal, e non afecta ás ventas, que nestes momentos xa eran baixas, dado que o molusco se atopa en fase de desove.

Os productores agardan que a situación se normalice antes de que remate o vran , dao que para finais da época estival comeza o forte da campaña. Nestes mmomentos só se ve afectado a venta para fresco, principalmente destinada a áreas comerciais.

Coa chegada do outono as fábricas comezan a mercar en grandes cantidades o mexilón para envasar, dado que nesa época e cando máis carne soe ter o molusco.

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.