O alcalde de Ribeira, Manuel ruiz, defendeu no foro Greencities e S-Moving o papel das pequenas cidades, como Santa Uxía de Ribeira, no reparto dos fondos Next Generation, destinados a acadar unha mobilidade sostible e segura.O alcalde participou en Málaga nun dos encontros nacionais de referencia no desenvolvemento de territorios intelixentes, sostibles, eficientes e conectados.