Icono del sitio CanalBarbanza.com

O ROTOGAL BOIRO PERDEU SEUS DOUS PARTIDOS NA COPA GALICIA. ESTE SÁBADO DEBUTARÁ NA SUPERLIGA CONTRA O GUAGUAS CANARIO

Segue preparándose e adaptándose o Boiro Voleibol neste período de pretempada. Esta fin de semana participou na Copa de Galicia e fíxoo con dúas derrotas, tanto nas semifinais como no partido polo bronce. Marcelo Benavídez aproveitou para facer rotaciones e dar minutos a tódolos integrantes do plantel. O primeiro encontro disputado o sábado contra o San Sadurniño, rematou con derrota dos boirenses por 2 sets a 3 que lles deixou for a da loita pola primeira praza na final do domingo. Si xogarían o terceiro e cuarto posto, onde o adestrador do Rotogal apostou por dar minutos aos menos habituais e saíron derrotados tamén por 2 sets a 3 contra o Dumbría.

Salir de la versión móvil