Axentes da xefatura da Policía Autonómica informan da imputación de dous persoas como presuntos autores de dous lumes en As Neves e Lousame.
Axentes da Policía Autonómica de Vigo procederon á imputación dun veciño como presunto autor dun delito de incendio forestal, que tivo lugar o pasado 25 de abril, no lugar de Barreiro, parroquia de Tortoreos, concello de As Neves, cando o investigado realizaba unha queima de restos forestais, de maneira neglixente. Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución nº 3 de Ponteareas (Pontevedra).
Así mesmo, axentes da Xefatura Territorial de Santiago, determinaron a autoría dun incendio ocorrido o derradeiro 27 de abril no concello de Lousame, cando ao investigado, se lle escapou unha queima que estaba a realizar. Dito feito foi posto en coñecemento da autoridade xudicial competente.
Na actual campaña anti-incendios forestais do 2016, un total de 13 persoas foron imputadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.