Icono del sitio CanalBarbanza.com

AS CIFRAS DE CONTAXIOS ESTABILÍZANSE NA COMARCA. GALICIA VOLVE A MARCAR UN MÍNIMO XA QUE CONTA CON 1.160 CASOS ACTIVOS

Os datos de contaxios de covid19 seguen estables na comarca. No último día non se produciron incrementos de casos, nin descensos marcados. Esta continuidade na evolución dos contaxios estase a dar dende hai pouco máis dunha semana. Ribeira segue con 10 casos a dúas semanas, e tan só Rianxo e Outes están libres de coronavirus. Nos restantes municipios da contorna rexístranse entre un e nove casos a catorce días.

Salir de la versión móvil