Icono del sitio CanalBarbanza.com

A XUNTA TRABALLA NO PLAN DE SEGURIDADE VIARIA CONVIDANDO Á PARTICIPACIÓN SOCIAL PARA FACER ACHEGAS. A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS DEFINE O PLAN COMO PIONEIRO

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, convida á participación social para enriquecer o Plan de seguridade viaria de Galicia 2021-2025, pioneiro en España ao incorporar a “visión cero vítimas nas estradas”. Vázquez, xunto co director da Axencia Galega da Infraestruturas, Francisco Menéndez, participou hoxe nunha xornada con axentes sociais para abordar este plan, cuxo documento se prevé ter pechado en decembro para comezar a desenvolver as medidas nel recollidas a inicios de ano.

Salir de la versión móvil