Ribeira

RIBEIRA ACOLLE A MOSTRA FOTOGRÁFICA “OS NOSOS OCÉANOS” COA QUE SE BUSCA CONCIENCIAR SOBRE A IMPORTANCIA DOS OCÉANOS

A praza do concello de Ribeira conta estes días cunha decoración engadida. Trátase de varios paneis nos que se recollen numerosas fotografías que teñen como nexo común o mar. Trátase dunha exposición chamada os Nosos Océanos, que está organizada pola Afundación Obra Social ABANCA na que colabora a Editorial Planeta . A mostra recolle instantáneas de diferentes autores internacionais a pé de rúa. Nelas móstrase a biodiversidade mariña para concienciar de que a vida que acolle os océanos depende deles. A través das imaxes que conforman a exposición búscase despertar o recoñecemento de que os océanos son un berce de vida, o regulador do clima e abastecedores de alimento e numerosas materias primas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.