A creación do novo polígono industrial de Ribeira está un pouco máis preto. O Concello vén de dar dous pasos adiante moi importantes: a aprobación dos orzamentos no pleno e a licitación da contratación dos servizos para a redacción dos proxectos de expropiación e urbanización e os servizos de arqueoloxía. Unhas accións que suman unha inversión de 250.000 euros.