O BNG e a CIG fixeron un chamamento para mobilizarse nas rúas en protesta á factura da luz e para demandar solucións ante o incremento de prezos na electricidade. Así, levaronse a cabo manifestacións en diferentes puntos de Galicia, entre eles na praza do Concello de Ribeira onde se concentraron decenas de persoas. Entre as aspiracións da CIG está conseguir que se recoñeza a enerxía como un dereito fundamental e tamén a creación dunha empresa galega que se ocupe da xestión dos recursos.