Deputación Da Coruña

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA destina preto de medio millón de euros a financiar actividades de promoción económica nos concellos da provincia, entre elas a FESTA DO PERCEBE DE AGUIÑO

A Deputación da Coruña destina 475.821 euros a financiar diferentes actividades da área de promoción económica en 88 concellos da provincia.

As axudas oscilan entre os 2.000 euros que perciben concellos como Boimorto ou Dodro e os 14.482 € que recibirá A Coruña para unhas xornadas de apoio a emprendendores ou os 18.000 € de Santiago de Compostela para cofinanciar o programa Compostela Móvese 2016.

Entre as múltiples actividades que cofinancia a Deputación nos concellos da provincia a través desta liña de subvencións figuran festas locais que contribuén á dinamización económica dos concellos ou á promoción de produtos autóctonos como a Festa do Requeixo de A Capela, a Festa da Xiba de Ares, a Mostra da Olería de Buño (Malpica), a Festa do Percebe de Aguiño (Ribeira), a Feira do Mel de Narón,a feira Alfaroleiros (Oleiros) ou a Mostra do Branco Lexítimo de Paderne.

Tamén se subvencionan xornadas e accións formativas para a inserción laboral e o emprendemento, como as que se se celebrarán na Coruña, Abegondo, Arteixo, Cambre, Brión, Cee, Pontedeume, Santiso ou Valdoviño; e outras actividades que van dende o mantemento de páxinas web municipais a campañas de apoio ao comercio local.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.