Deportes

AS REMEIRAS DE CABO DA CRUZ NON LOGRARON O ASCENSO Á LIGA EUSKOTREN LOGO DUNHA GRAN TEMPADA. DOUTRA BANDA, O EQUIPO MASCULINO PECHOU A TEMPADA NA ACT EN OITAVA POSICIÓN.

Cabo da Cruz terá que esperar para voltar á Liga Euskotren logo de firmar a cuarta praza a máis de 20 segundos de Tolosaldea, que conseguiu o premio de subir de categoría. Xa na xornada do sábado as boirenses víronse virtualmente fóra da loita pola promoción, ao rematar 25 segundos por debaixo da traíña que marchaba en primeiro lugar. O técnico do Cabo da Cruz, Lago, recoñeceu que seu equipo fixo unha boa tempada e que o non acadar o ascenso non pode empanar todo o que fixeron as remeiras, coa consecución da liga galega, o campionato autonómico, a bandeira da Deputación e co triunfo da teresa Herrera. A vindeira tempada, o Cabo da Cruz feminino loitará por voltar á elite de novo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.