Un total de 162 clubs de numerosas disciplinas deportivas e de tódalas comarcas da provincia coruñesa recibirán un total de 685.209,46 euros en axudas da área de Deportes da institución provincial. A Deputación da Coruña publicou o Boletín Oficial da Provincia a concesión definitiva das subvencións a clubs e entidades deportivas tanto de ámbito local, provincial como autonómico.
A deputada responsible de Deportes, Cristina Capelán, explicou que as axudas deportivas contribúen a manter a actividade e mellorar as infraestruturas de centos de clubs de tódalas disciplinas e categorías, axudando a situar aos equipos coruñeses na vangarda do deporte galego. A Deputación destina este ano 4,4 millóns de euros que chegarán este ano a unhas 550 entidades deportivas da provincia. Estas subvencións acollerán desde o deporte de base aos grandes eventos, co obxectivo de impulsar todo o potencial do deporte coruñés.