O xoves 5 de Maio e o venres día 6 celebranse en Camboño , Lousame, as festas da Gorgosa.
A capela da Santa Mariña da Gorgosa garda unha pintura de 1796 na que se explica o milagre que deu orixe á devoción a Santa Mariña, cando un veciño foi curado grazas a intervención da santa.
Como calqueira capela que se prece ten unha fonte con auga que garda poderes curativos, neste caso para os males da pel, os romeiros, chegados dende todo o Barbanza , lavan a pel coa auga da fonte e deixan ali a secar os panos.
Segundo explicou o párroco , a comisión de festas traballou arreo para dotar dunha poarte festiva a celebración. O xoves dianas e alboradas espertarán ós veciños para desfrutar dun diía de festa, as misas comeazarán a partir das 9.00 horas, tendo lugar á 13:00 a misa solemne.
Pola tarde, a partir das 17.00 horas, os máis pequenos podrán desfrutar de xogos . A verbena correrá a cargo da orquestra Abanico.
O Venres 6, a orquestra La Nueva Phila e a discoteca móvil eME music amenizarán a verbena.
Deixámolos cun aperitivo do que será a romaría.
https://www.youtube.com/watch?v=9jGYthGMk-I