A celebración daRomaría da virxe da saúde gana adeptos en Ribeira.

Dende a súa recuperación, fai tres anos, a celebración da festa na honra da virxe da saúde vai gañando adeptos cada ano. Este fin de semana, acompañada polo bo tempo, foron moitas as persoas que se achegaron ata a rúa peonil de Ribeira para desfrutar da verbena.
O sábado noite rockeira, coa actuación de pan de leña, recambios tucho e os bugis. Xa o domingo, a a celebracion comezou cunha misa e posterior ofrenda floral na honra da virxe da saúde.
Durante a tarde os rapaces e rapazas desfrutaron dos hinchables instalados nos arredores do cruceiro da virxe da saúde,
A recén creada orquestra Platinum, formada por galegos, alguns deles de Ribeira e a Pobra, puxo a nota musical á moite do luns. Unha actuación que fixo as delicias dos asistentes , que se arrancaron a bailar por boleros. Platinum esta dirixido por Abdón Santos , Martín Silva, Úrsula Dozo, Miriam Díaz Karol Senise , Richard Castaño , Andrés Santos e Antón García .

https://www.youtube.com/watch?v=o8ARXfDK5Ik

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.