Icono del sitio CanalBarbanza.com

A ANPA DO IES A POBRA DO CARAMIÑAL INICIA UNHA RECOLLIDA DE FIRMAS PARA RECLAMAR A EDUCACIÓN A ELIMINACIÓN DOS RECORTES SUFRIDOS NO PERSOAL DOCENTE. O CENTRO CONTA CON 6 PROFESORES MENOS QUE O PASADO ANO

Numerosos centros da comarca protestaron polo recorte no persoal docente. Asociacións de nais e pais, directivas e profesores concentráronse pola falta de persoal nos colexios e institutos e pola non atención da Consellería de Educación. Hoxe a ANPA do IES da Pobra do Caramiñal compartiron a súa situación e a súa preocupación, xa que o instituto conta este curso con 6 profesores menos que o anterior.

Salir de la versión móvil