Deputación Da Coruña

IRENE GRAU GAÑA O PREMIO DÍA PARDO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. O XURADO ESCOLLEU POR UNANIMIDADE A OBRA ELABORADA CON CINZAS RECOLLIDAS NOS INCENDIOS DE GALICIA EN 2017 SOBRE LENZO

A artista valenciana Irene Grau, coa súa obra titulada Sobre lo que resta / 162114-W-2” é a gañadora do XVII certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas da Deputación da Coruña. A obra está realizada con cinzas recollidas dos incendios en Galicia en 2017 sobre lenzo.

Un xurado composto por Elena Bangueses, David Varro, Xosé Manuel Buxán, Ánxela Caramés e Mauro Trastoy, gañador da edición anterior, escolleu por unanimidade a obra da artista, de entre as corenta finalistas que foran seleccionadas do total das presentadas a esta convocatoria. O xurado valorou a calidade da obra presentada e «a súa orixinalidade e capacidade conceptual e crítica para transferir a paisaxe e o contexto galego á pintura». Tamén destacou «a coherencia á hora de traballar o pictórico a partir da acción de camiñar e de observar a realidade», así como «a sustentabilidade dos usos dos materiais empregados», en referencia á cinza procedente dos incendios do ano 2017.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.