O cruce de acusacións está servido na Pobra, onde uns partidos e outros se lanzan dardos sobre cada tema. Os orzamentos do 2016 son outro punto de connflito, se o alcalde explicou que se trata duns orzamentos realistas que non contemplan partida de obras a causa das facturas que se reciben da época do goberno do PP, dende o PP critican que non se poñan en valor as obras realizadas na anterior etapa de goberno e que dan progreso ó municipio.
Durán afirma que o problema no concello é a falta de xestión.
E destaca que o ano pasado se recollía unha partida para inversión de 1,6000 euros.
Durán agarda que se valore o traballo ben feito polos anteriores gonbernantes, obras como o polígono que axudan a incrementar as arcas municipais.
Manuel Durán desta o traballo realizado polo PP na Pobra durante 16 anos, obras que transformaron o municipio e o convertiron en pioneiro a nivel industrial, cun dos mellores portos atuneiros e con numerosos servizo para os veciños.