O vindeiro domingo día 3 de outubro terá lugar a I running solidaria, organizada pola Sociedade Deportiva Barbantia Roda co patrocinio de Jealsa. A iniciativa ten como obxectivo fomentar a vida saudable e tamén a solidariedade de colaborar con entidades benéficas, neste caso con Asotrame, asociación de transplantados de medula de Santiago de Compostela, quen os destinará ó proxecto de investigación Adianthe.