O ORZAMENTO DE RIANXO para este ano ascende 7.350,000 euros

O orzamento 2016 do concello de Rianxo ascende a uns 7,350,000 euros, e segundo explicou o alcalde Adolfo Muíños, trátase duns orzamentos realistas e prudentes, nos que destaca a reduccion da carga financieira tras liquidar o crédito vinculado ó Plan de Proveedores 2012. cabe destacar tamén a amortización de boa parte da débeda dos último anos que se logrou reducir a metade con respecto ó 2014.

O capítulo de inversións rondaría o millón de euros, e nel inclúense partidas doutras administracións.

Porén o concello de Rianxo prevé realizar máis obras con fondos propios, cunha inversión de 75,000 euros realizaranse obras de accesibilidade e ademais vaise ampliar o servizo de limpeza viaria, extendendoo as parroquias.

Cabe destacar varias obras importantes que se realizarán ó abeiro do PAS da Deputación, como o sanemaneto do Barral, un tramo do saneamento entre a Casilla e o Outeiro, así como varias actuacións en distintas áreas recreativas das parroquias e actiuacións en edificios culturais.

cabe destacar tamén tres actuacións de suma importancia para veciños eveciñás, como é a reforma do liceo marítimo, que se abrirá como centro social, a creación dun viveiro de empresas na casa do mar, e a reforma da casa de Rafael Dieste.

Ademai prevese a reparación do firme do casco urbán de Rianxo e 20 actuacións en pistas de varias parroquias.

Salir de la versión móvil