A chegada da covid19 mudou a forma de proceder na sanidade pública en canto ás citas presenciais. Un ano e medio despois o Servizo Galego de Saúde vai recuperando a súa presencialidade co obxectivo de chegar ao 60% de atención presencial a finais de ano. Así o afirmou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.
TRAS A CHEGADA DO CORONAVIRUS O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE VOLVE A ABRIR MÁIS VÍAS PARA SOLICITAR CITAS PRESENCIAIS. OS CONTAXIOS REDÚCENSE UNHA XORNADA MÁIS NA COMARCA E EN GALICIA

