O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanza a sinatura o vindeiro xoves dun convenio coa fundación empresa-universidade galega para impulsar a captación de novos fondos europeos para as universidades.
Nesta liña, lembrou que a comunidade conta cun Plan de Financiamento Universitario que garante a estabilidade das universidades galegas ata 2020. E, resaltou que as universidades e a Xunta foron capaces de chegar a un pacto de docencia clínica no grao de Medicina.
Subliña que a conxelacións das taxas universitarias é unha realidade por cuarto ano consecutivo: “Sacarse un grao en Galicia ten unha media de aforro de 1.500 euros con relación a outras universidades do resto de España”, di
Asegura que o convenio asinado hoxe é transcendental para o conxunto da cidade de Vigo que ve colmada unha reivindicación histórica. “Hoxe estamos a dar un paso fundamental, o paso definitivo, para que a UVigo teña a sede institucional que se merece e no lugar que Vigo se merece, no Berbés”, asevera
Explica que o novo complexo tamén albergará o persoal de I+D+i, un espazo de coworking e diversas actividades culturais
https://www.youtube.com/watch?v=3kNUlenkpMc