Deportes

CABO DA CRUZ REMATA EN SÉTIMO POSTO A BANDEIRA DA CONCHA. OS BOIRENSES COMPETIRÁN O VINDEIRO FIN DE SEMANA EN BERMEO E PORTUGALETE

Rematou unha nova edición da competición máis prestixiosa de remo de España, a Bandeira da Concha. Cabo da Cruz cerrou en sétima posición unha nova participación na bahía de San Sebastian fronte aos mellores equipos de traíñas de España. Os remeiros de Cabo fixeron un primeiro longo moi bo no que saíron explosivos e competiron contra Donostiarra e Bermeo, o que provocou que a volta se lles fixera un pouco longa. Na clasificación final, Santurzi fíxose coa bandeira, por diante de Hondarribia e Zierbena. A outra traíña galega, Ares, rematou en oitavo lugar na súa primeira participación. Esta fin de semana, Cabo da Cruz competirá en Bermeo e Portugalete.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.