O púxil vigués, “La Sombra” Marínez continúa sendo campión de España de peso superweulter, ao vencer ao madrileó José López Clavero, nun combate moi igualado e que se resolveu aos puntos despois de 10 asaltos. Seis meses despois de facerse co cinturón de campión nacional ao derrotar en Pamplona ao Navarro David Soria, o boxeador de orixe dominicano, defendía o título por primeira vez no Pavillón Agustín Mourís de Noia frente a un excampión de España e boxeador veterano como Clavero, de 37 anos. Ambos boxeador, de estilos similares pese á diferenza de idade de experiencia, ofreceron unha pelea extremadamente dura e igualada, tras a cal os xuíces deron como gañador a José “La Sombra” Martínez de forma unánime por puntos.