A MOSTRA CURTAS NOIA acaba de ser calificada co ‘Certificado AIC de Calidad para Festivales de Cortometraje’.

A mostra curtas noia acaba de ser calificada co ‘Certificado AIC de Calidad para Festivales de Cortometraje’.O Certificado AIC de Calidade para Festivais de Curtametraxe é unha distinción anual para diferenciar e premiar aos festivais que realizan unha función exemplar para a difusión, protección e profesionalización do cinema e a súa industria, e en especial da curtametraxe. AIC (Asociación da Industria da Curtametraxe) pon en marcha e xestiona esta certificación de calidade co obxectivo básico de educar a novas xeracións de cineastas e protexer a festivais modélicos.
Para optar a esta calificación a mostra ten que cumplir con unha serie de requisitos .
Sen dúbida é unha boa noticia para noia e o audiovisual galego o conseguir esta cualificación que para este ano 2016 unicamente conseguiron 32 festivais de toda España, estando a Mostra de Curtas Noia xunto con festivais como, Festival de Málaga. Cine Español, Festival Internacional de Cine de Gijón, Festival Internacional de Cine de Lanzarote, Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria, FICC. Festival de Cine de Cartagena, L’Alternativa, Festival de Cine Independiente de Barcelona, Semana de Cine Fantástico y de Terror de San Sebastián etc.

https://www.youtube.com/watch?v=ZzVz0cSg-_E

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.