Co fin de resolver o problema de humidades que afecta a casa consistorial de Noia, o executivo noiés está a realizar mellorar no edificio.
Dende a súa chegada a alcaldía, Santiago Freire dispúxose a devolver o esplendor a Noia, neste afán de mellorar a vila atópase a mellora dos edificios públicos, entre eles a casa consistorial. Segundo explican dende a aalcaldía, este edificio levaba anos se recibir obras de cionservación, poloque conta con inumerables desperfectos de mantemento. Humidades, filtracions, malas distribucions de departamentos. As labores de restauración e conservación, que xa comezaron, servirán para que todas esas humidades desaparezan. Por outra banda a executiva noiesa está a xestionar con outras administracións a dotación de novo material , como fiestras velux para despachos da planta superior que carecían de luz natural . Con esta actuación conseguirase mellorar as condicions dos traballadores do Concello. Tamén se van habilitar novos espazos de traballo para os concelleiros., co fin de concentrar alguns dos departamentos para reducir a burocracia. Todo isto facilitará o papeleo ós veciños.
https://www.youtube.com/watch?v=VeZesoH2G_8