O Noia FS comezou de forma inmellorable a competición de Liga, sumando tres puntos moi importantes na primeira xornada contra o conxunto valenciano. Unhas gradas coloridas e un gran ritmo no xogo foi o que fixo recordar o que era o futsal antes da pandemia.
Comezou o partido e ambos equipos saíron buscando a portería rival, mais comezou avisando o Alzira cun disparo á madeira. Non se arrugou o Noia que a base de presión arriba comezou a crear ocasións. Nunha xogada desafortunada, o cadro valenciano introducía na súa propia porta o balón para poñer por diante ao Noia, pero no minuto 10 o Alzira igualaba o encontro por medio de Rafa Ara. Cinco minutos antes do descanso, Pirata facía o 1-2 tras bater a Nacho Serra e irse aos vestiarios con vantaxe no marcador.
Logo do tempo de lecer, Cristian empataba o encontro cunha bonita volea. A falta de 15 minutos, un xogador do Alzira era expilsado, e Chus aproveitouno para poñer aos noieses por diante. Os últimos minutos foron un acoso e derribo dos locais, mais Domingo estivo moi seguro en todo momento. No último minuto de encontro, Lluc non perdonaría e puxo fin ao sufrimento co definitivo 2-4.
A próxima xornada, o Portus Apostoli recibirá ao Unión África Ceutí, que vén de empatar seu primeiro encontro. O duelo disputarase o vindeiro sábado as 18 no Agustin Mouris.