Recrudécese o enfrentamento entre as COFRARÍAS DE AGUIÑO e RIBEIRA

Mentres a consellería do mar segue en silencio as cofrarías de Aguiño e Riebira atópanse nun enfrentamento que se vai recrudecendo. Esta mesma maña o lío chegou ó mar, cando os mariñeiros de Ribeira se dispuñan a cudir á extracción de navalla na zona do Carreiro, marcada de libre marisqueo pola Xunta, os mariñeiros de Aguiño agardaban fondeados na zona para nopn deixalos traballar. Logo dun intercambio de insultos os ribeirensenses decidiron voltar a terra dando por perdida a xornada, eso sí, deixando constancia do sucedido ante a garda civil. Dous vehiculos da garda civil achegaronse ata o porto de Agioño, mentres a lancha o fixo ata o de Ribeira.

Os mariñeiros de Aguiño queren meter presión á consellería para que solucione unha situación que consideran inxusta, o cambio dunha zona que pertencía , segundo explican , a súa cofraría, a zona de libre marisqueo, á que poden acudir a traballar mariscadores de Ribeira ou de calqueira outra cofraría. Asi o decidiron onte nunha asamblea celebrada en aguiño. Segundo explicaba o patrón maior as medicións do topógrafo contratado pola cofraría de Aguiño non coinciden coas medicións do topógrafo da conselleria.

Piden á consellería que tome unha decisión e que lles devolva a zona que traballan dende o ano 73, mentres tanto reuníronse cos partidos políticos e co alcalde para polos ó corrente da stuación.

Entre outras medidas os de Aguiño vanse manifestar mañá venres ante a delegación de pesca en Ribeira e pensan declarar non grata á cofraría de Ribeira.

A Consellería moveu trinta metros hacia terra as boias que delimitan a autorización da cofraría de Aguiño, e dende Aguiño culpan a cofraría de Ribeira.

O patrón maior de Ribeira afirma que non entende tal crispación contra eles, dando conta que soio se dispuxeron a traballar nunha zona que aconsellería delimitou como libre marisqueo.

A media mañá celebrouse en Riebira unha asamblea na que os afectados polos feitos desta mañá no mar decidían presnetar denuncia. A media tarde celerariase en Ribeira unha nova asamblea para decicir as accions a tomar ante a situacion.

Pérez apuntou ademais que a delimitación se realizou a petición da propia cofraría de Aguiño, tralas discrepancias xurdidas co plan conxunto que tiñan de extraccion de navalla, petición que está recollida en acta.

Na asamblea mantida esta tarde en Ribeira deicidiuse mantela calma e que medien as autoridades, para que os enfrentamentos non acaban en maiores problemas.

A conselleria do mar púxose en contacto esta tarde cos patróns maiores de ambas cofrarías ós que convocou a unha reunión que se vai celebrar o próximo sábado. A reunión asitirá tamén o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.