Unha Caravana Acaba Calcinada Na Autovía De Barbanza Tras Unha Avaría Nunha Roda

Pouco despois das 18.00 horas, na autovía de Barbanza, ao seu paso por Boiro e en dirección a Padrón, a caravana duns feirantes, fincados no lugar ribeirense da Conlleira, acabou calcinada tras un incendio. A orixe do lume, segundo explicou un portavoz do operativo, puido ser unha avaría nunha das rodas, que se bloqueou e tras percorrer varios metros arrastrada polo asfalto quentouse ata iniciar as chamas, que acabaron afectando a todo o remolque. Cando chegaron os bombeiros, que se desprazaron desde o parque de Boiro, o lume xa devorara este vehículo ata deixalo inservible. No operativo participou tamén a Garda Civil de Boiro, Tráfico de Santiago e o servizo de mantemento da autovía.
http://youtu.be/wwz-x7lE_hY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.