A XUNTA aproba o PXOM de PORTO DO SON

A Xunta outorgou hoxe a súa aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Porto do Son, o que vai dotar ao concello dun planeamento urbanístico actualizado e de calidade.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, desprazouse esta mañá ata a localidade para asinar a orde de aprobación definitiva do documento, que substitúe á normativa anterior de máis de dúas décadas de antigüidade. No acto estivo acompañada polo alcalde de Porto do son Luis Oujo, e varios membros da corporación. Luis Oujo amosou a súa satisfacción ó lograr a aprobacion do PXOM. Apuntou que nestes anos se traballou co documento ó que se presentaron 791 alegacións, das que un 80% foron estimadas. Apuntou ademais que un dos obxetivos que se pretendían coa aprobación do PXOM era afianzar a poboación que pode quedar nas casas e fincas herdadas.

Entre os obxetivos do concello está tamén a legalización de varias vivendas contruidas con licenza de galpón que están baixo a lupa da axencia de legalidade urbanística.

Entre outros beneficios, Mato destacou que o novo PXOM contribuirá “á mellor defensa e conservación dos valores naturais e ambientais do municipio”, dado que protexe as zonas máis sensibles e con maior riqueza natural, paisaxística, ambiental e cultural. Ao respecto, lembrou que no concello existen dous exemplos de “gran singularidade”: o complexo húmido de Corrubedo, e o Esteiro do Tambre. Ambos espazos están incluídos na Rede Natura 2000.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.