Este sábado comeza a regata Alca, organizada polo Club Náutico Arousa Norte. O evento desenrolarase ao longo dos tres próximos meses, que conta con 4 mangas repartidas entre setembro, outubro e novembro. Co peche de inscricións son xa máis dunha docena de embarcacións as que confirmaron a súa presenza. A saída será as 14:00 desde as inmediacións do porto pobrense, coa presenza de barcos representantes, na súa mayoría, de clubes da Ría de Arousa. O parte meteorolóxico prevé ventos floxos e de dirección variable, o que fai prever unha emocionante xornada de navegación.