Mariscadores da Pobra venden a ameixa na lonxa de Ribeira para lograr maior prezo do produto. Segundo explicou o patron maior , Juan Miguel Iglesias, os compradores pagan mellor a ameixa na rula ribeiresa. De feito esta semana unha treintena de mariscadores levou o bibalvo a Ribeira para subastar, logrando prezos mais elevados dos que alcanzaban na pobra, na babosa elevouse o prezp sobre 7 euros o kilo, e a rubia un euro mais por kilo.
Juan Miguel iglesias afirma non comprender a razón que leva os compradores a pagar mais nunha lonxa que noutra polo mesmo producto,. Porque o mesmo lles sucedeu coa ameixa rubia, cotizando en Ribeira un euro máis por kilo que na Pobra.
Iglesias reafírmase na sua idea de concentras as ventas de varias cofradias nunha mesma lonxa, apunta que onde hai mais oferta podese atraer a maior numero de compradores.
Foron 30 os mariscadores que esta semana se decidiron a vender a ameixa en Ribeira.
https://www.youtube.com/watch?v=TSJsndx31lw