O Concello de Noia segue a traballar en diferentes puntos do municipio co fin de responder ás demandas máis urxentes. Así, o IES Campo de San Alberto está a ser obxecto dunha rehabilitación integral das súas instalacións. Os traballos teñen como obxectivo mellorar a eficiencia enerxética do centro de secundaria, pòlo que se instalarán planchas dun material de aislamento térmico en toda a fachada. O interior tamén sufrirá un lavado de cara. A actuación supón un investimento de máis dun millón de euros.
Avanzan as obras de rehabilitación do IES Campo de San Alberto en Noia. A actuación supón un investimento de 1,2 millóns de euros

