O Centro Plurilingüe Cernadas de Castro está sendo mellorado con actuacións que permitirán unha ampliación do espazo útil en diferentes aulas. A alcaldesa de Lousame informou do avance destas obras, onde xa se procedeu á eliminación dun tabique co fin de facer un espazo máis grande. Esta actuación súmaselle á realizada o ano pasado no mesmo centro que tivo como finalidade a de adaptar as instalacións ás esixencias derivadas da Covid-19.