Deputación Da Coruña

A obra “Sophie non é o meu nome de guerra” de Roberto Pascual gaña o XX Premio de Teatro Rafael Dieste da Deputación da Coruña

A décima edición do Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais deixou como gañador a Roberto Pascual, coa súa obra “Sophie non é o meu nome de guerra”. O concurso tivo moi boa acollida, ao contar con 54 obras presentadas, das cales o xurado elixiu a de Dieste ao tratarse dun texto poético para unha historia descarnada que trata temas de máxima actualidade como é a migración feminina. Á hora de escoller a obra tamén puxeron en valor o desenrolo dos feitos nunha cidade galega. O xurado estivo composto pola dramaturga paula Carballeira, pola vicedirectora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, pola actriz iria Pinheiro e Marta Pérez , así como un dos gañadores anteriores, Fernando Castro Paredes, que escolleron a obra por unanimidade. Roberto pascual é profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.